Libros de Arantza Portabales

Libros en gallego

Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, inicia unha nova serie: «os crimes de loeiro», protagonizada polos inspectores santaclara e araújo.

Sobrevivindo tece unha trama de intriga arredor da súa protagonista: unha muller que loita contra si mesma e contra o resto do mundo.

As historias poden contarse de moitas formas. Mais poucas tan orixinais coma esta, deslumbrante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo.

Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles. 

Desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad.

Regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda.

Scroll al inicio